miércoles, 10 de febrero de 2016

Alejandro das Nenas, gaiteiro de Barcia (I)


Alejandro e Venancio

En Asturias sempre houbo gaiteiros de gran sonadía. Falo de gaiteiros famosos de verdá, que chegaron a salir pola radio e pola tele, que grabaron discos, que viaxaron e que se feceron lenda nel imaxinario popular. Nun vou dar exemplos, porque precisamente foron eso, famosos, e todo el mundo os ten en mente. 


Nel noso inconsciente establécese así unha xerarquía na qu'esos gaiteiros famosos son considerados como grandes músicos, mentras qu'os gaiteiros tradicionales que quedaron na escuridá, os gaiteiros olvidados, nunca puideron chegar á escelencia musical dos primeiros. Como tocaron sempre nel sou lugar, tendemos a considerar qu'eran en todos os casos gaiteiros d'andar por casa, artísticamente inferiores a os que tocaban en teatros d'Oviedo ou facían xiras internacionales. É unha concepción que revela el noso centralismo. Dentro del asturcentralismo, se hai unha manifestación artística del mundo rural que merece a pena de verdá, ha a acabar indo a Oviedo (ou a Xixón) e trunfando; y en algunhos casos salirá d'Asturias y entós vai ter xa un rango divino. Se nun el fai, entonces é que nun hai pra tanto...

Os Ozcos

Este reparto de prestixo al modo winner takes all é, evidentemente, inxusto, porque damos por sentado que se un gaiteiro nun salíu da redolada del sou lugar, foi por falta d'altura artística. Tamos esqueicendo, entonces, qu'a vida da xente ta sometida sempre muitos condicionantes, y el camín que leva a un paisano d'un lugar asturiano á fama depende máis de casualidades e carambolas que d'outra cousa. Un gran gaiteiro que viva cerca da capital e que lle guste a festa, el putiferio, os viaxes ou a comedia ten muitas posibilidades de convertirse nun mito prá comunidá gaiteiril. Idem pra os gaiteiros que son fillos d'outros gaiteiros conocidos, ou que toquen nas cacerías del rei d'España. 

Pro cuando un gaiteiro musicalmente escelente vive a súa vida nel sito unde nacéu, lonxe de farándulas e mass media, traballando a terra... entonces el descubrimento póstumo del sou valor pode depender de casualidades e da sensibilidá da súa familia. E, pra min, ese foi el caso con Alejandro Pastur, Alejandro das Nenas, gaiteiro de Barcia (Santalla d'Ozcos). Un gaiteiro al nivel dos mellores, un gaiteirazo que, por embargo, sempre tocóu cerquía da casa. Xustamente por eso, Alejandro Pastur válnos como recordatorio del Gaiteiro Desconocido, de todos os paisanos que, xeneración tres xeneración e sin salir del sou entorno cercano, mantuveron a tradición a través dos siglos. Nun falo d'unha tradición "pura", porque eso nun existe, pro si d'unha tradición real, coherente, de desarrollo sosegado: a qu'antecedéu al trunfo da radio e del folclorismo. 

Foto: Rucabe


EL HOME

Alejandro Pastur Fernández, Alejandro das Nenas, nacéu na Casa das Nenas de Barcia (Santalla) el 13 de xeneiro de 1913 e morréu na mesma casa el 29 d'agosto de 2000. Vivíu toda a vida en Barcia, labrador, e casóu con María Rodil, de Casa Cancio, de Cotarelo (Vilanova), coa que tuvo tres fillos. Aprendéu a tocar solo, dende neno, facendo xipras de palla de centén e de paraza de castañeiro, e mirando pra os gaiteiros da zona. Nun tía antecedentes familiares musicales, pro a vitalidá da gaita nos Ozcos permitíulle escuitar a músicos abondos, como por exemplo Federico, Antonio e Manolo da Casa de Lázaro da Ancadeira (lugar santallés qu'hoi ta abandonado, tristemente). Nun tuvo un maestro formal, pro a súa boa orella axudóulle a ir conformando el sou reportorio, un reportorio nel qu'ademáis dos agarraos nun faltaban muliñeiras e jotas, anque vivíu unhos anos nos qu'el baile solto perdéu tarrén definitivamente nos Ozcos.

Alejandro e Venancio

A Alejandro pillóuel a maldita Guerra Civil de chen; movilizáronel e mandáronel pra Coruña, unde foi mancado. Tando inda convalecente, entráronlle ganas de tocar a súa gaita y amañóu pra que lla mandaran pr'aló. Como tantos outros, nunca quixo falar muito da guerra, pasárael mal. Quédanos imaxinar cómo, en medio da contenda, buscóu consolo na súa gaita e na súa música nativa, igual qu'outros gaiteiros asturianos durante a mesma guerra, ou os que foran gaita al lombo al Sáhara unhas décadas antes. Al final volvéu por fin pra Barcia e, máis ou menos na época na que casóu con María, empezóu a tocar con Venancio Ferreiro, de Casa Escaleira, qu'el acompañaba al redobranteanque na primeira temporada tocaba nunha lata de xardías.

Pastur nunca tocóu lonxe da casa. Nesto, é un gaiteiro representativo da tradición auténtica. Nun tocóu pra grupos folclóricos nin fixo tournées artificiales. Él prodigóuse nel hábitat natural d'un gaiteiro tradicional de verdá: as polavilas del sou pequeno concello uniparroquial, en Barcia, As Poceiras, A Veiga del Carro... As polavilas eran reunióis vespertinas da xente pra pasárel ben xuntos, sin máis, xuntándose ás veces de varios lugares, e ta claro que cuntar con un gaiteiro de nivel alto como Alejandro era el no va más. Tamén el chamaban pras festas patronales, pro por volume d'actuacióis podemos dicir qu'Alejandro das Nenas era, nin máis nin menos, un gaiteiro de polavila, que nun tocaba por afán de lucro pro que consiguíu un nivel musical alto.

Polavila en Barcia. Venancio tocando nunha lata.

Gracias a Vanesa López Pastur, neta d'Alejandro, podemos escuitar unha grabación caseira d'él e de Venancio feita pola familia nos anos 80. Unha grabación impresionante: por reportorio, por técnica, e por ser unha ventá a unha tradición musical viva e sana que xa deu as boquiadas e nun vai volver nunca.


A GAITA

A primeira gaita d'Alejandro nun sabemos quen a fixo, pro nun momento dado conseguíu unha de Domingo Galfarro, d'A Pumarega (A Veiga), da que sempre tuvo mui orgulloso, e con razón, e qu'é a qu'utiliza na grabación. Vese ben nas fotos, coas iniciales A.P. bordadas.

El primeiro que chama a atención al escuitar a Alejandro das Nenas é a escala que dá a súa gaita, unha escala na qu'os grados II, III, VI e VII tán tan rebaxados que case fain qu'a escala súe al modo frixo (modo de mi), ou como mínimo fainnos acordarnos d'él. É un modo que, por certo, nun é pra nada estraño na música tradicional ibérica. Nun é que as gaitas de Galfarro tiren todas a este modo, nin muito menos, pro esta, e nesta grabación, si el fai. Cousa da palleta, probablemente; el efecto é interesantísimo. 

Vamos escuitar a sonoridá tan atractiva qu'esto lle dá ás interpretacióis d'Alejandro das Nenas, por exemplo nesta asturianada:

A escala da gaita d'Alejandro aproxímase al modo frixo, pro con sensible por baxo



Esta sonoridá y esta escala, casuales ou non, son relativamente comúis tanto na canción tradicional como na música instrumental. Hai determinados grados da escala das gaitas (I, IV, V y octava) que tein qu'afinar xustos sempre, tanto al cantar como al tocar un instrumento. El que pasa é qu'os grados II, III, VI e VII poden tar máis ou menos rebaxados, aproximándonos a distintos modos: dórico nel caso da gaita de foles mirandesa, eólico nel caso da sanabresa, mixolidio nel caso de muitas gaitas de Galicia y Asturias... As terceiras e séptimas neutras (un cuarto de tono de rebaxa con respecto á escala mayor temperada) son especialmente comúis. Recomendo os traballos de Pablo Carpintero.

Na gaita d'Alejandro, dicíamos, son os grados II, III, VI e VII os que súan rebaxados. Máis que bemoles son notas neutras, tán rebaxados un cuarto de tono, pro prá nosa orella urbana repunante esto súa prácticamente a modo frixo...

... y esto plantíanos unha duda á hora de trescribir as pezas, e también de tocalas. ¿Temos qu'escribilas con cuatro bemoles, que corresponderían á escala de do frixo? E se as tocamos con unha gaita temperada, ou con un saxofón, ¿cómo sacamos esas notas neutras?

Ben, a mía resposta: Pastur, como todos os gaiteiros, pensa en posturas, e se tuvera tocando con una gaita de Seivane, como tantos gaiteiros da zona, as pezas suarían nunha escala mayor normal e corrente; y el gaiteiro, encantado, porque os grados I, IV e V, que son os importantes, siguen afinando. Así que trescríbolas en do mayor, sin complicacióis. Pro pra tocalas... síntoel, eu, se podo, collo un punteiro galego aberto e póñolle cinta nos furados pra que dea unha escala case-frixa. É un vicio... Mola. Eso si, el ideal é facerse con unha gaita de Galfarro (ver Chus Solís) ou con unha reproducción da mesma. 



A TÉCNICA

Dixitación: mao aberta pral mi e, a partir del fa, deixa algunhos furados da mao dereta tapados, sin que se poda dicir exactamante cuáles; probablemente faga el fa como na gaita asturiana "estándar" e, d'aí pra riba, nun cambía a posición da mao dereta, deixando aberto el dido índice dereto pras notas sol, la e si.
El vibrato é un recurso puntual; nun toca con vibrato contino, e cuando el mete, destaca muito. El vibrato del fa é forte, posiblemente el faga cos didos corazón y anular. Didos pouco tensos en xeneral, dando a sensación de dixitación bastante aberta.

Paradías del son del punteiro (tocar "a golpe"): non.

Requinto: namáis al re (rebaxado un cuarto de tono) de ralo en ralo, e namáis floriando ou en variacióis ornamentales.

Observacióis: medida y articulación mui cercanas á perfección. Semitrinos abundantes. Trinos de tres y hasta cuatro batidas. Medios furados: non. É chamadeiro cómo remata as pezas acabando a frase con unha parada de sopetón, como querendo dar a sorpresa (e consiguíndoel).



ALGUNHAS PEZAS

A muliñeira
Esta peza conocédesla todos como "Muliñeira de Batribán", e popularizóse despóis de que Xuacu Amieva a aprendera del gran gaiteiro Firme de Batribán (Vilanova d'Ozcos). Outros gaiteiros da zona, como Nela, tamén a aprenderon de Firme.

Firme de Batribán aprendéu esta muliñeira d'Alejandro das Nenas e tresmitíula a outros gaiteiros

El que pouca xente sabe é qu'esta peza el propio Firme aprendérala d'Alejandro Pastur, como podemos ler nel escelente libro Nela de Bres.

Comparando a versión d'Alejandro das Nenas coa que se popularizóu en toda Asturias, chámannos a atención delas cousas:

A primeira, que ten unha primeira parte extra, y ademáis esta primeira parte súanos muito... del que conocemos como "Muñeira'l Centru".
A segunda, a manera que ten de repetir el motivo melódico dos compases 16-19-20.
A terceira, el final de sopetón, de repente, del que xa faláramos nel apartado técnico.

Aí vai a muliñeira coa súa partitura:



DESCARGA


A jota
Nesta peza reconócese perfectamente el estilo e a calidá musical d'Alejandro.




Outra jota


DESCARGA


El pericón
Os pericóis, polcas ou polca-mazurcas son pezas, según ten recollido Ambás, pra coxiar, valsiar pro con delos pasos que quedan coxos y entós hai que recuperar el paso. Son una mezcra de polca e mazurca que delos gaiteiros da zona conservaron, chamándola tamén polca (voltiada, nel caso de Costante). Son incorporacióis relativamente novas al repertorio, pro tán xa mui esqueicidas e por eso son auténticas xoyas, probablemente os mayores tesouros dentro del qu'é el reportorio agarrado.

Este son en concreto é unha auténtica pasada de guapo. Na partitura observamos a alternancia de compases que lle dá el carácter rítmicamente inestable del pericón. 


DESCARGA


Gracias al filólogo Miguel R. Monteavaro pola traducción.


Actualización 03/05/2016: CONTINÚA

4 comentarios:

  1. Enhorabuena por el trabajo,es fantástico.Soy incapaz de expresar todo lo que siento por que fueron momentos muy bonitos y muy felices.¡Diosss!¡Cuantas polavilas!. En cinco minutos he regresado al pasado del cual no me gustaría desprenderme jamas. Mil veces gracias por este trabajo tan emotivo, GRACIAS.



    ResponderEliminar